Print

~ Fútbol Gaélico en Galicia: Irmandinhos A Estrada ~

 

En 2017 cumpriranse os primeiros cinco anos de vida do clube estradense. Un proxecto que nace dunha xuntanza de amigos para practicar o deporte rei irlandés; e que remata por ser un dos clubes máis recoñecidos dentro da rexión e tamén a nivel internacional. Todo isto con traballo, esforzo e moita paixón; ingredientes fundamentais para que os Irmandinhos medraran como clube en canto a membros e masa social.

A continuación podes facer un percorrido polos acontecementos máis relevantes para o noso clube, así como as datas máis especiais dende os inicios ata a actualidade.

 

 Irmandinhos A Estrada, fundación e emblema

Irmandinhos A Estrada nace un 17 de Setembro de 2012 da man de Alberto Suárez “Lupo” logo da creación dunha conta na rede social Facebook.

O obxectivo principal era dar o coñecer o Fútbol Gaélico, un deporte de orixe irlandés con máis de cen anos de historia. A viabilidade do proxecto residía na captación de xogadores e xogadoras para comezar os adestramentos.

Soamente dous días despois da presentación do clube polas redes sociais preséntase o primeiro escudo. Neste, Wences García recolle o cimentos do deporte irlandés e a cultura estradense para mesturalos e dar lugar ao noso emblema: Dous garañóns, un balón de fútbol gaélico e as cores da bandeira de A Estrada (Verde, branco e vermello).

Imaxe do primeiro escudo do clube.

 Nel, a Rapa das Bestas (festa de interese turístico internacional que ten lugar en Sabucedo) simboliza a parte cultural; mentres que o esférico referencia a ferramenta principal deste deporte. Todo isto sobre un fondo onde se atopan as cores que identifican á vila estradense. Un escudo que mesturaba á perfección o deporte, a cultura e as tradicións do noso concello.

Primeiros adestramentos

Empregando as redes sociais, créase un evento para participar nun adestramento tutelado polos Asociación Galega de Fútbol Gaélico (equipo pioneiro en Galicia) no campo de Callobre o 13 de outubro de 2012; ao que acoden máis de vinte rapaces da vila e onde aprenderían as nocións básicas para poñer en práctica o fútbol gaélico. O campo situado na parroquia co mesmo nome acollería os primeiros adestramentos do equipo.

Cartaz de promoción do primeiro adestramento

O éxito dos primeiros adestramentos levou a varias empresas da vila a interesarse polo proxecto, permitindo adquirir o primeiro lote de material deportivo necesario para a práctica do fútbol gaélico.

Estes foron:

O 30 de outubro lévase a cabo de forma efectiva o rexistro oficial como clube deportivo, que permitiría o uso das instalacións municipais. Grazas á colaboración do concello de A Estrada, os adestramentos pasarían a realizarse os luns, xoves, venres (ximnasio Coto Ferreiro) e os sábados.

Equipo feminino e primeiros amigables

A progresión a nivel práctico invita a que  o 18 de novembro de 2012 tivera lugar o primeiro encontro amigable contra os Fillos de Breogán: equipo que desinteresadamente axudou á posta en marcha do plantel.

Foto de equipo do primeiro partido. A equipación cedida pola ADC Guimarei. 

O primeiro partido amigable de Irmandinhos A Estrada traería algo que máis que unha boa experiencia de iniciación: comeza a traballarse a idea de realizar un equipo feminino. Unha aposta ambiciosa que logo de varias reunións, toma forma o  24 de novembro de 2012, cando tería lugar o primeiro adestramento feminino. Deste xeito nace o Irmandinhas A Estrada.

A prensa recollía a noticia do primeiro adestramento

 Os adestramentos continuaron así como os amigables contra varios conxuntos galegos como os Ártabros de Oleiros ou os Mecos F.G.

De entre todos estes encontros de preparación e toma de contacto, queremos destacar un deles, que foi máis alá do aspecto deportivo e que forxou a imaxe de Irmandinhos como colaborador e axente de cambio social: o I Partido Benéfico.

Nesta primeira Xornada Benéfica, os Irmandinhos mídense aos Fillos de Breogán nun amigable onde o obxectivo principal era a recollida de alimentos non perecedoiros; que logo se depositarían na sede de Cáritas da parroquia estradense. Unha data moi importante e sinalada como clube, xa que se realiza a presentación oficial da primeira equipación.

Imaxe do encontro entre Irmandinhos e Fillos na I Xornada Benéfica.

O Partido Benéfico marcaría un precedente. Un antes e un despois na axenda de eventos do clube, chegando a converterse nunha cita fixa ano tras ano no calendario irmandinho.

Podes botar un ollo aos Partidos Benéficos realizados durante estes case cinco anos de historia picando sobre cada enlace:

I xornada Benéfica

II Xornada Benéfica

III Xornada Benéfica

IV Xornada Benéfica

 

A ilusión e o traballo deste un grupo de rapaces estradenses veríase reflectido anos despois;  cunha progresión deportiva e un crecemento exponencial que da lugar no 2016 a un equipo consolidado con máis de 80 membros en activo dentro das súas ringleiras, ademais de numerosos títulos a nivel nacional e internacional en ambas categorías.

 


 

~ 2013 ~

Liga Galega e Liga Ibérica

Xa entrados no ano 2013, o gaélico galego medra paseniño pero con confianza. Créase a Asociación Galega de Fútbol Gaélico o 9 de Marzo dese mesmo ano, chegando da súa man a primeira competición oficial masculina en Galicia: a I Liga Galega de Fútbol Gaélico 7vs7.

 

A participación do clube é por partida dobre, pois presentaríanse dous equipos: Irmandinhos A Estrada e Braithreachas A Estrada. A creación dun segundo equipo responde ás necesidades do campionato, pois o clube contaba con un amplo plantel e o número de xogadores por equipo era limitado. A elección do nome do segundo equipo reflectía a unión de ambos conxuntos como un só clube: “Braithreachas” é a palabra do gaélico que máis se asemella a “Irmandinhos” xa que o seu significado é “Irmandade”.

En 2013, os Irmandinhos A Estrada riscaban no calendario varias datas importantes na súa historia como clube de fútbol gaélico:

Na imaxe: Olalla, María, Nati, Eva e Laura xogadoras do Irmandinhas A Estrada naquel amigable

Logo de facer a súa presenza no ibérico galego, os Irmandinhos viaxan a Barcelona (11 de Maio) e a Madrid (6 de Xuño) para disputar o resto de roldas ibéricas. Ata a capital española desprazáronse tamén as Irmandinhas, que se estreaban en competición nacional.

Neste torneo, o clube recibía o seu primeiro trofeo a nivel individual: David Fuentes “Kanario” foi nomeado como mellor xogador do torneo de Madrid, recibindo o MVP na última rolda da liga ibérica.

Na fotografía "Kana" amosa o seu trofeo como MVP e un dos balóns número 5, co que se disputan os encontros na categoría masculina.

A tempada remataba o 22 de xuño en Pontevedra, onde ten lugar a derradeira xornada da Liga Galega e que proclamaba campión aos Braithreachas.

Para máis información sobre a I Liga Galega de 7vs7 pica na seguinte imaxe:

Xogadores de Braithreachas e Irmandinhos, ademais da equipa feminina, co trofeo de campións da I Liga Galega de Fútbol Gaélico 7 contra 7.

Os incios dos Irmandinhos na Selección Galega

No verán deste primeiro ano de vida, algúns dos nosos xogadores viaxaban a Lorient (Francia) para desputar un amigable contra a selección de Bretaña de fútbol gaélico. Sería a primeira participación de xogadores do noso clube coa selección, que previamente se compoñía en exclusiva de xogadores de Fillos de Breogán (equipo pioneiro en Galicia na práctica deste deporte). Un premio á boa traxectoria de xogadores con menos dun ano de experiencia, que viaxaban ao país veciño para representar á nosa comunidade.

 

Remataba así a primeira tempada para os Irmandinhos A Estrada, onde iniciaban a súa andaina en Liga galega, Liga Ibérica e debutaba a sección feminina do clube.

A finais de 2013, o proxecto sofre unha profunda reestruturación e unha modificación dos seus símbolos: nacen os novos escudos e a nova equipación (presentada na II Xornada Benéfica).

Evolución dos escudos, presentados en 2013.


 

~ 2014 ~

Reconstrución da Liga, I Copa Galega e Liga Ibérica (maior proxección)

Un ano despois da súa creación, o proxecto consolidábase contando cun equipo masculino e outro feminino sumando máis de 50 xogadores e xogadoras; adestrando catro días por semana e participando en campionatos oficiais non só galegos, senón tamén no resto da Península Ibérica.

A Liga Galega de Fútbol Gaélico, na súa segunda edición incorporaría a categoría feminina 7vs7 con tres clubes: Fillas, Irmandinhas e Mecas. Pola súa banda, a liga masculina pasaría de 7vs7 a conformar equipos e encontros de 11vs11.

Para as Irmandinhas sería un ano clave. O seu debut en competicións oficiais suporía a consecución dos primeiros títulos nesta categoría. Logo dunha liga moi rifada, as estradenses dominan todos os encontros para acadar o trofeo de campioas de Liga Galega, así como acadarían unha merecida e loitada segunda posición en Liga Ibérica. Un debut soñado en ambos campionatos.

Para ver máis información pica nos seguintes enlaces:

I Liga Galega Feminina 

Campionato Ibérico 2014

Irmandinhas campionas de Liga e Copa Galega en 2014. Foto Marga Fraga.

A incorporación de novos equipos así como a mellora do nivel de xogo levou aos Irmandinhos a competir e a un moi bo nivel nos torneos da tempada 2013-2014. A regularidade e traballo dos nosos rapaces sería a base para acadar a segunda posición na Liga Galega e disputar a final da Champions en Madrid; (Setembro de 2014) onde se proclamarían como o segundo mellor equipo do campionato.

Para ver máis información pica nos seguintes enlaces:

Liga Masculina (11vs11) 2013-2014

Champions League 2014

Pero se hai un campionato especial nese 2014, foi a I Copa Galega de Fútbol Gaélico. A nosa primeira experiencia como organizadores e anfitrións, que suporía un reto para todos os membros do clube.

Un torneo xestionado na súa totalidade polos Irmandinhos A Estrada, e que remataba por dar forma a unha tempada redonda para as Irmandinhas, que se proclamaban campioas. Preme para máis información:

I Copa Galega de Fútbol Gaélico

Irmandinhos coa Selección Galega

Os grandes resultados da tempada e o duro traballo, víronse reflectidos de xeito significativo cando moitos dos xogadores e xogadoras do noso clube foron chamados pola Selección Galega deste deporte, para representar á nosa comunidade en diferentes amigables no verán de 2014. A selección de Madrid e un combinado de xogadores irlandeses (en ambas categorías) visitaron Galicia para medirse a unha selección dos mellores xogadores e xogadoras da Liga.

O momento máis duro como clube

Lamentablemente, en Agosto de 2014 ten lugar un dos acontecementos que marcaría un antes e un despois dentro do clube: o pasamento da nosa compañeira Gema Calvo logo dunha intensa loita contra o cancro. Unha das iniciadoras, das primeiras xogadoras. Un duro golpe para os seus coñecidos e amigos, así como para a familia do gaélico onde a súa forte personalidade non deixaba indiferente a ninguén.

Para ela, o noso compañeiro Kana crea un símbolo que aparecerá en todos os eventos e torneos; e dende o 2016 na equipación oficial de Irmandinhos, Irmandinhas e Braithreachas.

Imaxe Logo Gema

A imaxe une a letra G e a representación dun gato como referencia ao seu animal favorito.

O 2014 remata para os Irmandinhos co comezo dunha nova tempada (2014 - 2015), así como coa III edición da Xornada Benéfica. Un ano no que o clube consegue acadar a cifra de máis de 80 membros activos, presentando catro equipos (dous por categoría) en moitos dos torneos aos que asiste.


 

~ 2015 ~

A etapa do cambio e a proxección fora da Península

Logo de máis de 2 anos como presidente, Alberto Suárez “Lupo” deixa o seu cargo para formar parte dun novo proxecto dentro do clube: A Escola Gema Calvo. Un proxecto que en colaboración co Concello de A Estrada, permite crear  unha escola para ensinar aos máis pequenos a xogar ao fútbol gaélico.

Irmandinhos nomea como novo presidente a Ramón Codesido (2014 – actualidade).

O éxito acadado polas Irmandinhas o ano anterior serviría de precedente para poder catalogalas como favoritas aos campionatos da rexión. A Liga galega feminina medraba coa incorporación de novos equipos pero novamente, as estradenses sería campioas de Liga Galega e da II Copa Galega; así como conquistarían a segunda posición da Liga Ibérica onde mantiveron as opcións ao título ata o derradeiro encontro.

Para ver máis sobre os resultados pica nos seguintes enlaces:

Liga Feminina ( 7Vs7) 2014-2015

II Copa Galega

Campionato Ibérico 2015

Pola súa banda, os Irmandinhos continuaron amosando o seu gran avance a nivel técnico e táctico acadando unha moi loitada  terceira posición en Liga Galega; así como varios subcampionatos a nivel rexional e nacional:

Liga Masculina (11vs11) 2014-2015

II Copa Galega

Campionato Ibérico 2015

Primeiros Xogos Mundiais

O esforzo e o duro traballo sumado aos resultados acadados polo clube, levaron a moitos dos seus xogadores/as a participar nos Primeiros GAA World Games celebrados en Abu Dhabi en Marzo de 2015.

A primeira vez que se realizan uns xogos mundiais nesta disciplina e os Irmandinhos estiveron presentes en ambas categorías. Os seleccionadores masculino e feminino (Jerry Holmes e Carlos Torres, ambos membros do clube estradense) xuntaron aos mellores xogadores da rexión para formar a Selección Galega, que loitaría polo título de mellor selección mundial. Ademais, a finais de ano disputaríanse novamente un amigable en cada categoría contra un combinado de xogadores irlandeses.  

Unha data especial, o I Memorial Gema Calvo

O sábado 22 de Agosto de 2015 tiña lugar o primeiro Memorial Gema Calvo.

Unha iniciativa que parte dende o clube para darlle unha cariñosa homenaxe á nosa compañeira e amiga Gema, que falecía un ano antes logo dunha dura loita contra o cancro.

Un combinado de Irmandinhos, Irmandinhas e Braithreachas, mediríanse en dous partidos, un por categoría, a un combinado de xogadores e xogadoras de todos os clubes de Galicia.

Figueroa acollía esta xuntanza de amigos e compañeiros de Gema, que máis alá de ser un encontro de nivel deportivo, tiña un claro obxectivo social: apoiar e amosar o noso apoio publicamente á Asociación Española Contra o Cancro (AECC). 

A entrada ao evento custaría 1 euro; cantidade simbólica que sería destinada integramente a esa asociación ao igual que a recadación da cantina, dándolle máis visibilidade aos proxectos e campañas que realizan.

Para obter máis información pica no seguinte cartaz:

 

 

Competicións Internacionais

En 2015, o clube recibe a boa nova de que será anfitrión da primeira rolda do campionato europeo, o Pan European; que recolle a equipos de toda Europa para determinar ao mellor conxunto do continente. Logo de ser organizadores da I Copa Galega e dunha das roldas do campionato Ibérico (A Estrada, Marzo 2015); Irmandinhos disputará e organizara un campionato de dimensións internacionais. Un premio á gran labor organizativa e tamén aos resultados acadados polo clube nas competicións ás que asiste.

Logo da participación na primeira rolda, Irmandinhos desprázase ata Viena para disputar a segunda e definitiva rolda do Pan European 2015, onde acadan un Subcampionato feminino e unha terceira posición masculina.

 

Ademais do campionato europeo, en Novembro dispútase a Champions League (Pontevedra) onde varios equipos da xeografía europea se achegarían ata a cidade do Lérez. Sería o primeiro campionato da tempada 2015-2016, onde unha segunda posición masculina e un terceiro posto feminino volverían para A Estrada.

Para máis información, pica no seguinte enlace:

Champions League 2015

 

Neste mesmo mes, os Irmandinhos recibirían o Premio San Martiño na súa XXV edición, pola difusión da lingua galega nas nosas redes sociais. O clube comeza a medrar non só no aspecto deportivo, se non tamén no cultural dentro da nosa comunidade.

O ano 2015 finaliza para os Irmandinhos co comezo dunha nova tempada (2015 – 2016) e a IV Xornada Benéfica a prol de Cáritas.

Vídeo resumo da IV Xornada Benéfica


 

~2016 – actualidade ~

 

O cuarto ano de vida dos Irmandinhos a Estrada non podería comezar de mellor xeito: Os rapaces gañaban a I Copa Asociación e as rapazas acadaban un loitado segundo posto logo dunha final de infarto. Os ollos de moitos equipos en Europa estaban a fixarse no fútbol gaélico galego; no seu crecemento en canto a nivel e a masa social.

Resumo do encontro entre Estrela Vermelha e Irmandinhos. Final Copa Asociación.

Para ver máis sobre os resultados pica no seguinte enlace:

I Copa Asociación Galega de Fútbol Gaélico

 

Reestruturación da Liga Masculina

A Liga Galega 2015 - 2016 sufría unha reestruturación pasando a formarse dúas divisións na categoría masculina: Irmandinhos participaría en Primeira División, mentres que Braithreachas disputaría o posto polo ascenso en Segunda División. O clube pasaba de ter 3 equipos en competición oficial (xa que as Braithreachas xa formaran parte da liga feminina a pasada tempada) a contar con dous representantes en cada categoría.

As Irmandinhas atoparíanse con unhas Fillas de Breogán en pleno estado de forma, ás que non serían quen de derrotar en Liga. Pola súa banda, por terceiro ano consecutivo, o Estrela Vermelha reinaba na categoría masculina pero seguido moi de preto polos Irmandinhos; cada vez máis sólidos e mellor tecnicamente. As Braithreachas farían un moi bo papel en liga a pesar das baixas durante toda a tempada mentres que os Braithreachas chegaron a disputar a fase de ascenso a primeira división.

Para ver máis sobre os resultados da Liga Galega pica nos seguintes enlaces:

Liga Galega Feminina 2015 - 2016

Liga Masculina 1ªDivisión 2015 - 2016

Liga Masculina 2ªDivisión 2015 - 2016

Campionato Ibérico

A liga ibérica tamén sufriría modificacións. Dende os inicios, os equipos viaxaban por España para disputar as roldas. Alí, dependendo da clasificación recibirían a puntuación correspondente que se iría sumando para que o equipo con maior numero de puntos se proclamara campión. En 2016 sucederíanse tres divisións por rexión( Galicia, Central – Este e Andalucía), onde en cada unha delas os equipos mediríanse para clasificarse para a gran final en Madrid (Xuño de 2016).

En Galicia, disputáronse dúas roldas, unha en A Coruña e outra en A Estrada, das que conseguiron clasificarse catro equipos femininos e tres masculinos. Finalmente en Madrid, os Irmandinhos acadaron a segunda posición mentres que as rapazas foron terceiras.

Para ver máis información sobre os resultados consulta os seguintes enlaces:

Primeira Rolda Ibérica, A Coruña, 12 de Marzo

Segunda Rolda Ibérica, A Estrada, 2 de Abril

Rolda Final do Campionato Ibérico,Madrid, 4 Xuño

Irmandinhos e Irmandinhas na rolda final do Campionato Ibérico Madrid (Xuño 2016)

III Copa Galega

Antes de ter lugar a rolda final do campionato ibérico, os Irmandinhos e as Irmandinhas viaxaron ata Xinzo de Limia (Maio 2016) para disputar a III Copa Galega. Esta sería a derradeira competición rexional da tempada 2015 – 2016, que unha vez declarados os campións de cada Liga, só quedaba por determinarse o segundo equipo que formaría parte da primeira división na seguinte tempada; mediante a fase de ascenso.

Un torneo no que por mor das baixas, o noso clube só podería participar con un equipo na categoría feminina, e dous equipos moi xustos de plantel na masculina. As Irmandinhas revalidarían titulo fronte ás Fillas de Breogán nunha final moi igualada que finalmente se decantou para o lado estradense; proclamándose por terceiro ano consecutivo gañadoras da Copa Galega. Pola súa banda os Irmandinhos non foron quen de clasificar para as finais, acadando finalmente a terceira posición; mentres os Braithreachas tentaron crear un xogo de toque nun torneo que se lles puxo moi difícil dende a fase de grupos.

Para ver máis información sobre os resultados e clasificación pica no seguinte cartaz:

Segundos Xogos Mundiais

En Agosto deste ano, como motivo do centenario da independencia política de Irlanda, celébranse en Dublín os segundos GAA World Games. A capital irlandesa acolle a equipos de diferentes lugares do mundo para determinar aos campións mundiais de cada categoría. Un ano máis, a Selección Galega participa tanto na competición feminina como na masculina, obtendo unha quinta e unha terceira posición respectivamente. Xogadores de Irmandinhos, Irmandinhas e Braithreachas son chamados polos seleccionadores tanto para os adestramentos como para formar parte do grupo de elixidos que nos representaron nestes grandes xogos. O premio a unha tempada chea de éxitos.

Para ver máis información sobre os GAA World Games preme no seguinte enlace:

Etihad GAA World Games Dublín 2016

Para pechar a tempada 2015 – 2016, o mes de Setembro recolle tres acontecementos de grande importancia para o noso clube:

II Memorial Gema Calvo

Pan European Maastritch 25 Setembro

Comezo de Liga 2016 - 2017

Unha nova tempada comeza en ambas categorías logo de un parón debido a problemas relacionados co seguro necesario para a práctica deste deporte. Irmandinhos A Estrada presenta un equipo en cada Liga, nas diferentes categorías. Podes seguir aquí os progresos e consultar os resultados:

 

 

Hits: 1993