www.irmandinhos.com
  • Inicio
  • En xogo
    • Liga Masculina
    • Liga Femenina
  • Competicións rematadas
    • 2013
      • Liga Seven's
    • 2013-2014
      • Liga Masculina 11vs11
      • Liga Feminina 7vs7
      • Campionato ibérico
    • 2014-2015
      • Liga Masculina 11vs11
      • Liga Feminina 7vs7
      • Champions League
    • 2015-2016
      • Champions Leage
      • Liga Masculina 11vs11 (1ªDiv)
      • Liga Masculina 11vs11 (2ªDiv)
      • Liga feminina 7vs7
      • III Copa Galega
      • Campionato ibérico 2016
        • Rexion Galicia
        • Rexion Central-Este
        • Rexion Andalucía
        • FINAL
    • 2016-2017
      • Liga Masculina 1ªDivisión
      • Liga Masculina 2ªDivisión
      • Liga Feminina
  • Historia do clube
  • Palmarés
  • Acción social
  • O Curruncho Gaélico
  • Home /
  • En xogo /
  • Liga Femenina /
  • Crónicas Partidos 2016 - 2017 /
  • Xornada II e Xornada V: Irmandinhas Vs Pontevedra F.G. / Braithreachas Vs Auriense F.G.

  • Print
  • Email

~ Xornada II e Xornada V: Irmandinhas Vs Pontevedra F.G. / Braithreachas Vs Auriense F.G. ~

Tempada 2016 - 2017 Liga Galega de Fútbol Gaélico

 

As Irmandinhas continúan co bo xogo sen recompensa

Pouco antes das doce da mañá, as Irmandinhas recibían ao equipo feminino do Pontevedra F.G. no Campo Novo para disputar o encontro aprazado da xornada II.

A tónica do encontro non variaría: oportunidades para ambos equipos e un xogo moi intenso e disputado. As ocasións non deixarían de sucederse entre as estradenses e as da cidade do Lérez, que igualarían os resultados con boas execucións a paus dende diferentes puntos do campo. A dura defensa visitante tiña unha gran protagonista: Mónica. A gardameta pontevedresa salvaría varios man a man con Candela e Lucía, que toparían nas súas internadas na área rival con un muro baixo a meta. O encontro chegaría ao descanso coas Irmandinhas perdendo pola mínima.

Xa na segunda metade, o partido non perdería a esencia competitiva e intensa dos primeiros minutos, sucedéndose as anotacións a paus e os goles ( dous para cada equipo) igualando o marcador en todo momento. Finalmente, nos derradeiros intres do encontro, o Pontevedra F.G. xestionou mellor a súa marxe no marcador;  sumando unha nova vitoria ante unhas Irmandinhas cada vez máis ensambladas nesta tempada de readaptación.

O resultado final foi de 02 – 06 / 02 – 08 para as visitantes.

Primeira vitoria en Liga para os Braithreachas fronte ao equipo da cidade das Burgas

O partido aprazado da xornada V disputouse finalmente o domingo 4 de Decembro. Pouco antes da unha da tarde, os de Lucas recibían ao Auriense F.G logo de caer a xornada pasada ante o actual líder o Dorna F.G.

Os primeiros intres do encontro nada tiveron que ver co resultado final, xa que os Braithreachas saían desordenados ao campo e con fallos de precisión  nos pases. Nos primeiros trinta minutos, os locais non foron quen de restar o bo acerto dos de Ourense no tiro a paus, chegando a estar ata seis puntos por baixo no marcador.

A regularidade e o control das liñas chegaba na segunda metade. Un gran Maki dende a defensa empurraba o xogo cara o medio do campo, onde Manu e Juve levarían o temón estradense con acerto ata a portería rival. O centro sería peza clave no encontro posto que as recuperacións e perdas de balón nesa zona, sumado ao acerto no tiro a paus e un gol nos derradeiros intres, igualaría o marcador. Os últimos dez minutos sentenciarían ao Auriense, que perdía a vantaxe adquirida na primeira metade para dar paso a unha remontada local tocando ben o balón entre liñas e movéndose con efectividade.

Un partido moi complicado e disputado no que debutaría Álex, un rapaz da escola que con só catorce anos conseguía sumar os seus primeiros puntos en competición oficial.

O resultado final foi de 02 – 12 / 02 – 06 para os Braithreachas que suman os dous primeiros puntos da tempada 2016 – 2017. 

Na imaxe podemos ver aos xogadores do Braithreachas logo do encontro.

Details
Written by Lola[F]eros
Published: 04 December 2016
Hits: 5707
  • Prev
  • Next

Últimos partidos

  • 17Jan Xornada XI Braithreachas Vs Keltoi Vigo / Mecas F.G. Vs Irmandinhas Lola[F]eros 2017-01-17
  • 09Jan Xornada VI Irmandinhas Vs Keltoi Vigo Lola[F]eros 2017-01-09
  • 13Dec Xornada II : Irmandinhos Vs Pontevedra F.G. Lola[F]eros 2016-12-13
  • 04Dec Xornada II e Xornada V: Irmandinhas Vs Pontevedra F.G. / Braithreachas Vs Auriense F.G. Lola[F]eros 2016-12-04

© 2018 www.irmandinhos.com

www.irmandinhos.com
  • Inicio
  • En xogo
    • Liga Masculina
    • Liga Femenina
  • Competicións rematadas
    • 2013
      • Liga Seven's
    • 2013-2014
      • Liga Masculina 11vs11
      • Liga Feminina 7vs7
      • Campionato ibérico
    • 2014-2015
      • Liga Masculina 11vs11
      • Liga Feminina 7vs7
      • Champions League
    • 2015-2016
      • Champions Leage
      • Liga Masculina 11vs11 (1ªDiv)
      • Liga Masculina 11vs11 (2ªDiv)
      • Liga feminina 7vs7
      • III Copa Galega
      • Campionato ibérico 2016
        • Rexion Galicia
        • Rexion Central-Este
        • Rexion Andalucía
        • FINAL
    • 2016-2017
      • Liga Masculina 1ªDivisión
      • Liga Masculina 2ªDivisión
      • Liga Feminina
  • Historia do clube
  • Palmarés
  • Acción social
  • O Curruncho Gaélico
Go Top
  • Follow via Facebook
  • Follow via Twitter
  • Follow via Youtube
  • Follow via Instagram
  • Follow via Flickr