www.irmandinhos.com
  • Inicio
  • En xogo
    • Liga Masculina
    • Liga Femenina
  • Competicións rematadas
    • 2013
      • Liga Seven's
    • 2013-2014
      • Liga Masculina 11vs11
      • Liga Feminina 7vs7
      • Campionato ibérico
    • 2014-2015
      • Liga Masculina 11vs11
      • Liga Feminina 7vs7
      • Champions League
    • 2015-2016
      • Champions Leage
      • Liga Masculina 11vs11 (1ªDiv)
      • Liga Masculina 11vs11 (2ªDiv)
      • Liga feminina 7vs7
      • III Copa Galega
      • Campionato ibérico 2016
        • Rexion Galicia
        • Rexion Central-Este
        • Rexion Andalucía
        • FINAL
    • 2016-2017
      • Liga Masculina 1ªDivisión
      • Liga Masculina 2ªDivisión
      • Liga Feminina
  • Historia do clube
  • Palmarés
  • Acción social
  • O Curruncho Gaélico
  • Home /
  • Competicións rematadas /
  • 2016-2017 /
  • Liga Masculina 1ªDivisión /
  • Uncategorised /
  • Irmandinhos A Estrada, embaixadores da Rapa das Bestas

  • Print
  • Email

~ Irmandinhos A Estrada, Embaixadores da Rapa das Bestas ~

Deporte, Tradición, Cultura, Ocio

15 Setembro 2016

A presentación ante os medios do acordo de colaboración ao que chegan Irmandinhos A Estrada e a Asociación Rapa das Bestas ten lugar o día 15 de setembro na Sala Juan Sanmartín (oficina Sanmartín xestión, A Estrada).

Imaxe da sala intres antes de comezar a presentación.

Ás 20.30 horas, o presidente Ramón Codesido, o concelleiro de deportes Ismael Pena e Iván Sanmartín en representación da Asociación Rapa das Bestas; explican para os asistentes en que vai consistir este acordo.


 

O presidente de Irmandinhos anunciaba que se trata dunha unión entre unha asociación deportiva e unha de carácter cultural e histórico que levaba tempo planificándose. Logo de varias colaboracións puntuais entre ambas, dende o clube estradense decídese ir un paso máis alá, e propoñer un acordo definitivo para poder representar e ser embaixadores, do que para nós é a tradición máis importante e internacional que ten o municipio de A Estrada.

O principal obxectivo será o de darlle visibilidade a ambas asociacións; transportar e representar a través das ferramentas das que dispoñemos como clube, o nome e a tradición da Rapa das Bestas alá onde figuren os Irmandinhos.

Codesido afirmaba: “Estamos encantados coa oportunidade que nos dan. O noso obxectivo é intentar ser un fío condutor para o que eu penso que é a tradición máis representativa deste concello. Estaremos á altura das circunstancias”.

Era quenda agora de Iván Sanmartín, que en representación da Asociación Rapa das Bestas recalcaba todo o dito polo presidente de Irmandinhos, facendo fincapé na labor social que leva a cabo o clube: “Unha das cousas que máis nos gusta dos Irmandinhos é a súa faceta de implicación social. Son os mellores embaixadores que podemos ter, porque en A Estrada son o equipo deportivo, sen desprazar aos demais, con maior proxección a niveis internacionais, mesmo contando con xogadores nas seleccións galegas”.

Tamén relataba Iván os valores de “camaradería”  que contén implícito o fútbol gaélico, e que fan del un deporte onde os seus seguidores representan unha gran comunidade, unha irmandade. Isto é aplicable ás tradicións, que se manteñen vivas grazas á implicación da comunidade na súa transmisión. De aí que Sanmartín afirmara que “vai a ser unha divulgación que vai a traernos un retorno moi grande”.

Por último, tomaba a palabra Ismael Pena, concelleiro de deportes de A Estrada que concordaba en: “darvos a noraboa por unha unión que vai a conxeniar moi ben, xa que comparten uns valores similares, dándolle promoción á tradición máis importante da Estrada fora das nosas fronteiras”.

Pena, Codesido e Sanmartín durante a presentación.

A unión será efectiva dende o día de hoxe, unha vez presentado o acordo. O vindeiro día 24 de Setembro,  os Irmandinhos A Estrada participarán na segunda rolda do campionato europeo de fútbol gaélico na cidade de Maastricht (Países Baixos); onde xa lucirá na equipación o logo de embaixadores (a camisola será a oficial para toda a tempada).

Ademais comezarase coa edición dunha revista en formato dixital e tamén en papel, onde se poñerán en común os contidos sobre ambas asociacións. Nas plataformas dixitais das dúas entidades (páxina web e redes sociais), verase reflectida a información sobre as colaboracións, eventos e demais datos de interese.

Algúns dos asistentes á presentación. Agradecer a Mar e a Rendo a súa presenza.

 

En resumo, o acordo coa Rapa das Bestas representará unha colaboración a todos os niveis entre dúas entidades agora “irmáns”. Unha retro alimentación de aspectos culturais, deportivos, históricos e de ocio; traballados a través dunha serie de valores e obxectivos que camiñarán da man para levar o nome dos Irmandinhos e da Rapa polo mundo.

 


 

Deporte, Tradición, Cultura, Ocio

portada rapa 

Irmandinhos A Estrada nace un dezasete de Setembro de 2012 no seo da vila estradense. A identidade cultural deste concello está ligada en maior parte a unha festividade de interese turístico internacional como é a Rapa das Bestas de Sabucedo (realizada na parroquia que leva o mesmo nome).

Como mostra de tradición, os Irmandinhos toman as cores da bandeira do seu lugar de orixe ademais da figura do cabalo como imaxe principal para o seu escudo. A unión entre os cabalos e a cor vermella, branca e verde; atópase rodeada dun aro onde o nome do clube e dous balóns de gaélico rematan por encaixar e definir de xeito perfecto a relación existente entre o deporte e a cultura estradense e, por ende, a irlandesa (lugar de orixe do fútbol gaélico).

Dende o clube, tivemos en conta dende un principio que a nosa función de cara á sociedade é algo máis que a de ofertar unha actividade deportiva. Somos transmisores da cultura pola que nos vemos influenciados, e que nos representa fora dos nosos lindes. É aí onde nace a unión coa Rapa das Bestas, onde se xesta un proxecto como embaixadores dunha das máis elevadas manifestacións de autenticidade, identidade e vontade colectiva de todas as que integran o noso vasto legado cultural.

Acollemos con gran ilusión e emoción o proxecto de unión coa Asociación Rapa das Bestas, que representa e recolle os valores de dúas asociacións que a priori non son próximas. A partir de agora os protagonistas do noso escudo, os nosos garañóns, terán unha conexión especial con esta festa. Unha celebración que está declarada Festa de Interese Turístico Internacional dende o 2007; galardón que só teñen outras oito festas máis na comunidade galega.

Logo Asociación Rapa das Bestas. 

Ser embaixadores dun proxecto supón recoller todo o significado do mesmo e ser quen de amosalo no día a día, así como de manter intactos os valores e o respecto polo que é unha das sinais de identidade da nosa comunidade.  

É todo un privilexio para nós poder promover a nosa cultura a través do deporte, dando a coñecer a nosa comunidade e a historia galega. Todo isto, lonxe de ser unha obriga, é un orgullo.

Hoxe, 14 de Setembro de 2016, temos o pracer de anunciar que os Irmandinhos A Estrada somos embaixadores da Rapa das Bestas

Details
Written by Lola[F]eros
Published: 14 September 2016
Hits: 1607
  • Prev
  • Next

Últimos partidos

  • 17Jan Xornada XI Braithreachas Vs Keltoi Vigo / Mecas F.G. Vs Irmandinhas Lola[F]eros 2017-01-17
  • 09Jan Xornada VI Irmandinhas Vs Keltoi Vigo Lola[F]eros 2017-01-09
  • 13Dec Xornada II : Irmandinhos Vs Pontevedra F.G. Lola[F]eros 2016-12-13
  • 04Dec Xornada II e Xornada V: Irmandinhas Vs Pontevedra F.G. / Braithreachas Vs Auriense F.G. Lola[F]eros 2016-12-04

© 2018 www.irmandinhos.com

www.irmandinhos.com
  • Inicio
  • En xogo
    • Liga Masculina
    • Liga Femenina
  • Competicións rematadas
    • 2013
      • Liga Seven's
    • 2013-2014
      • Liga Masculina 11vs11
      • Liga Feminina 7vs7
      • Campionato ibérico
    • 2014-2015
      • Liga Masculina 11vs11
      • Liga Feminina 7vs7
      • Champions League
    • 2015-2016
      • Champions Leage
      • Liga Masculina 11vs11 (1ªDiv)
      • Liga Masculina 11vs11 (2ªDiv)
      • Liga feminina 7vs7
      • III Copa Galega
      • Campionato ibérico 2016
        • Rexion Galicia
        • Rexion Central-Este
        • Rexion Andalucía
        • FINAL
    • 2016-2017
      • Liga Masculina 1ªDivisión
      • Liga Masculina 2ªDivisión
      • Liga Feminina
  • Historia do clube
  • Palmarés
  • Acción social
  • O Curruncho Gaélico
Go Top
  • Follow via Facebook
  • Follow via Twitter
  • Follow via Youtube
  • Follow via Instagram
  • Follow via Flickr