Print

~ Champions League 2015 ~

 

O pasado sábado día 14 disputouse nos campos de a Xunqueira ( Pontevedra ) a Champions League 2015. Este torneo reuniría a equipos de toda Europa, campións e subcampións das diferentes competicións que se medirían para coñecer ao mellor equipo desta zona.

O formato da competición era similar aos campionatos europeos: as rapazas mediríanse nun campo 9 vs 9 e os rapaces 11 vs 11, onde as dimensións do terreo de xogo no caso da competición feminina serían máis grandes que ás que están acostumadas na competición galega (7 vs 7). 

Por diferentes cuestións, numerosos equipos víronse obrigados a rexeitar o convite á competición polo que os participantes nas diversas categorías foron os seguintes:

 

Competición feminina

Irmandinhas A Estrada (Subcampiona Ibérica 2015 e campiona Liga Galega 2014-2015).

Fillas de Breogán (Subcampiona Liga Galega 2014-2015).

Estrela Vermelha F.G. (Terceira clasificada Liga Galega).

Pontevedra F.G. (Organizador evento).

 

Competición masculina

Irmandinhos A Estrada (Subcampión Liga Ibérica 2015).

Estrela Vermelha F.G. (Campión Liga Galega 2014-2015).

Fillos de Breogán (Subcampión Liga Galega 2014-2015).

Toulouse (Subcampión Liga Francesa 2015).

Pontevedra F.G. (Organizador Evento).

 

Para este torneo os equipos estradenses contaron con xogadores e xogadoras dos catro planteis cos que conta o clube: Irmandinhos, Irmandinhas e Braithreachas masculino e feminino.

As xogadoras que conformaron o Irmandinhas a Estrada son: Mariluz, Andrea, Eva, África, Ana Vilar, Candela, Marina, Bea Tilve, Nerea Porto, Nerea Rodríguez, Jessi, Athe, Sarai e Lucía Cortizo.

O equipo masculino convocou a: Alberto Suárez "Lupo", Marcos Gañete "Corba", Pablo Fraiz "Panzu", David Álvarez "Peter", Carlos Maceira "Maki", Adrián González "Churra", David Fuentes "Kana", Daniel Castro "Yupe", Jerry, Ángel Puga, Manu Vilar, Adrián Villar, Pablo Durán "Durillas", Javi Alonso, Hermas e Adrián Rey.

 

As Irmandinhas A Estrada, adestradas por Carlos Torres acadaron a terceira posición logo de conseguir unha vitoria, unha derrota e un empate na fase de grupos que as deixaba fora da final do torneo, loitando polo terceiro posto contra o Pontevedra F.G.

As estradenses non foron quen de derrotar ás máximas rivais, as Fillas de Breogán, que se fixeron co título neste torneo logo de gañarlle ao Estrela Vermelha F.G. reforzado con xogadoras de outros equipos galegos.

As Irmandinhas precisaban gañar de máis de 6 puntos ao Pontevedra F.G. para pasar á final. A presión foi o maior inimigo das estradenses, que non foron quen de entrar no partido para acadar máis puntos a favor que o Estrela Vermelha e así clasificarse segundas na fase de grupos.

Finalmente, na disputa polo terceiro e curto posto, as rapazas gañaron ao Pontevedra por 00 - 01 ( 1 ) / 03 - 07 ( 16) , en dúas partes de 8 minutos con un xogo moi limpo e claro, aproveitando ben os ocos que deixaba a defensa pontevedresa para chegar ata a portería rival.

 

 

Por outra banda, os Irmandinhos conseguiron chegar á gran final contra Toulouse, o único equipo de fora de Galicia que competía na Champions League.

Os rapaces de Sito venceron ao anfitrión, aos Fillos de Breogán e ao Estrela Vermelha, unicamente saíndo perdedores contra Toulouse na fase de grupos. Precisamente contra o equipo francés se medirían na final, un encontro moi intenso e emocionante onde a efectividade no tiro a paus dos franceses foi determinante no desenvolvemento do partido.

Na primeira parte, Toulouse marcou a diferenza cos pases en longo e as combinacións no centro do campo que rompían as liñas dos estradenses, puntuando case en cada tiro. Os de Sito chegaban con perigo á portería rival pero as os franceses pechaban moi ben os ocos e aproveitaban os espazos nas contras para seguir aumentando a diferenza punto a punto.

Xa entrados na segunda parte foi o equipo estradense o que tomou a iniciativa no encontro, marcando dous goles (Corba e Durán) que os poñía a só 3 puntos do empate. Un gol en contra no minuto final remataba coas opcións do primeiro posto.

Finalmente, foi o equipo francés o que se levou a vitoria por 02 – 10 (16) / 03 – 01 (10).

 Xogadores de Irmandinhos, Toulouse, adestradores e colexiado do encontro.

 

O segundo posto acadado polo equipo masculino amosa o nivel que está a ter este ano, pisando forte en liga e en competicións europeas.

Dende Irmandinhos queremos parabenizar a Fillas de Breogán e a Toulouse, gañadores na categoría feminina e masculina respectivamente.

Para ver máis imaxes do torneo podes acceder ao Flickr do Pontevedra F.G.:

Imaxes Champions Pontevedra

Hits: 981