Print

~ Rexión Andalucía 2016 ~

 

Iberia, como rexión recoñecida con Ligas e campionatos oficiais, está conformada con equipos de todas as zonas de España, tendo maior peso en Galicia onde o crecemento do número de clubes non ten parangón.  

O campionato Ibérico da tempada 2016 cambia de formato en relación a anteriores anos. Dende os inicios da competición no ano 2005, os equipos viaxaban dende diferentes lugares para reunirse e disputar un torneo onde se repartirían os puntos dependendo da posición na que conseguían clasificarse.

Actualmente, as normas mudan e cada unha das tres rexións ( Galicia, Central – Este, Andalucía ) acollen aos clubes da zona para clasificar un número limitado de equipos para a gran final en Madrid.

 

No caso da rexión Andalucía levaranse a cabo 3 roldas clasificatorias:

Para máis información sobre o torneo podes consultar a páxina da ECB (European County Board) no seguinte enlace:

http://europegaa.eu/tournaments/season2016/iberia2016/iberia2016-andalusia-round1/

 

 

 Os resultados acadados na categoría masculina nas roldas clasificatorias son os seguintes:

Categoría Masculina
  XIBRALTAR MARBELLA SEVILLA TOTAL
1 Sevilla 16 25 25 66
2 Xibraltar 20 20 20 60
3 Costa Gaels 25 16 16 57

 

Parabéns ao equipo de Eire Og Sevilla polo seu pase á gran rolda final de Madrid ( 4 Xuño ).

 

 

Hits: 899