Print

~ Champions League ~

Madrid, 13 de Setembro 2014

 

Irmandinhos A Estrada viaxaba a Madrid para participar na Champions League 2014 onde se mediría por primeira vez a conxuntos de todo Europa.

Da liga galega, Fillos de Breogán, Pontevedra F.G., Estrela Vermelha F.G. e Mecos F.G. tamén acudían a esta cita, onde se coñecería ao mellor equipo de Europa. 

O torneo dividíase en dous grupos e só contaba con competición na categoría masculina. As normas e dimensións serían as mesmas que se empregan para a liga, polo que o formato sería moi similar a un ibérico (competición na que xa participara Irmandinhos).

 

Grupo A

Estrela Vermelha 

París Gaels 

Fillos de Breogán 

Mecos F.G. 

Madrid O’ Donnells

 

Grupo B

Madrid Harps

Irmandinhos A Estrada

Lorient

Pontevedra F.G.

 

 

 

Irmandinhos debería clasificarse dentro do Grupo B  para logo medirse en semifinais a un conxunto do Grupo A.

O equipo de Sito consegue meterse en semifinais segundos de grupo, acadando os seguintes resultados na fase:

 

Xa en semifinais, atoparíanse co que é o máximo rival en liga galega, o Estrela Vermelha, campión da liga 2013 – 2014 na súa primeira participación. O partido amosaba a rivalidade de ambos conxuntos, que se saldou con unha sufrida vitoria dos estradenses por 03 – 03 / 02 – 04  que os metía na final contra o Madrid Harps.

Logo da curta historia de Irmandinhos, chegar a unha final europea e disputar encontros contra equipos de toda Europa xa era un logro, que a derrota da final non foi quen de nubrar. A experiencia de participar nun torneo con este nivel, ademáis do bo nivel amosado no mesmo facían que a Champions League de Madrid se marcara como un momento histórico e especial para o clube.

Foto de equipo de Irmandinhos A Estrada na Champions League de Madrid. De esquerda a dereita e de arriba abaixo: Nené, Miguel, Chichas, Lupo, Jerry, Álex Coto, Novás, Sito, Puga, Mon, Kana, Juan "Sonrisas", Barros, Chovi, Churra, Peter e Lucas. 

 

 

Finalmente, os estradenses volvían con un Subcampionato europeo logo de caer ante Madrid Harps por 05 – 10 / 00 – 02.

O resultado final da clasificación foi o seguinte:

  1. Madrid Harps
  2. Irmandinhos A Estrada F.G.
  3. París Gaels
  4. Estrela Vermelha F.G.
  5. Lorient
  6.  Mecos F.G.
  7.  Madrid 0’Donnells
  8. A Coruña Fillos de Breogán
  9. Pontevedra F.G.

 

 

Máis información sobre os resultados da competición en: http://europegaa.eu/tournaments/season2014/european-football-2014/european-football2014-madrid/ 

Hits: 1119