Print

~ Campionato Ibérico ~

Tempada 2014

 

En 2014 os Irmandinhos viaxaron como clube ás catro datas de competición Ibérica que deron lugar en diferentes lugares da península, onde se reunían equipos de toda España para determinar o campión absoluto.

Acudir a estas citas supón un custe económico para os xogadores e o clube, dispoñendo de varias opcións para recadar o importe da viaxe como a xa coñecida campaña de socios de Irmandinhos. Aínda así, a ilusión e as gañas de amosar na península o bo nivel dos galegos no gaélico, animou a moitos dos xogadores e xogadoras a participar dos catro torneos oficiais.

O formato dos ibéricos é moi similar ao da liga galega: 7 xogadoras por equipo, as mesmas medidas de campo que na liga galega ( aproximadamente o mesmo que un campo de fútbol 7) e a normativa de sancións non mudaría.

As únicas modificacións  son o tempo de duración de cada encontro, que se vería recortado pola carga de partidos que se disputan nestes torneos; así como o número de xogadoras, que no caso de que se puidera, se xogaría 9Vs9.

 

Logo desta pequena introdución ao torneo vamos a ver un pequeno resumo de cada unha das catro roldas ibéricas, e a participación de Irmandinhas nas mesmas.

 

Primeira rolda Ibérica 2014: Barcelona

 Barcelona,  1 de marzo de 2014

Nesta primeira rolda habería un só grupo cos seguintes equipos participantes, que se medirían para coñecer ao vencedor nesta data.

 

Grupo A

Madrid Harps

Valencia

Barcelona Gaels

Irmandinhas A Estrada

 

Irmandinhas conseguiría colarse na final logo de quedar segundas de grupo cos seguintes resultados:

 

As Irmandinhas conseguen clasificarse para a gran final en Barcelona. Foto Marga Fraga.

 

Polo tanto, o grupo quedaría do seguinte xeito: Madrid Harps en primeira posición con 3 vitorias; Irmandinhas A Estrada con dúas vitorias e unha derrota en segunda posición; Barcelona Gaels con unha vitoria e dúas derrotas en terceira posición, e Valencia con 3 derrotas.

Na final as estradenses terían que vencer ao equipo favorito da competición: Madrid Harps. Un equipo con calidade e experiencia nos torneos ibéricos, que ademais contaba nas súas filas con numerosas xogadoras de orixe irlandesa.

Finalmente, o resultado foi de 06 – 11 / 04 – 02 para as madrileñas, que acadaban a máxima puntuación fronte unhas Irmandinhas con un nivel case soñado naquel momento. Os éxitos non pararían aquí para as rapazas, pois as seguintes datas ibéricas confirmarían o bo estado de forma no que se atopaban as de A Estrada.

Unha das nosas xogadoras, Laura Souto, sería nomeada como MVP desta rolda polo seu traballo tanto a nivel ofensivo como defensivo, sendo determinante para o conxunto estradense.

 

Irmandinhos participantes do Ibérico de Barcelona 2014. Foto Marga Fraga.

 

 A clasificación na primeira rolda sería a seguinte:

  1. Madrid Harps – 25 puntos
  2. Irmandinhas A Estrada – 20 puntos
  3. Valencia – 16 puntos
  4. Barcelona Gaels – 13 puntos

 

 

 Segunda rolda Ibérica 2014: A Coruña

 A Coruña, 5 de Abril de 2014

 

As Irmandinhas viaxaban con dous equipos ao ibérico galego. O crecemento en canto a número de xogadoras permitíalles presentar dous equipos na competición.

Grupo A

Madrid Harps

Irmandinhas A Estrada

A Coruña Fillas de Breogán

Barcelona Gaels

Braithreachas A Estrada

 

O nivel amosado neste torneo polas estradenses permitiulles colocarse primeiras de grupo, gañando todos os partidos da fase cos seguintes resultados:

 

O grupo quedaría clasificado do seguinte xeito:

  1. Irmandinhas A Estrada en primeiro lugar con 4 vitorias.
  2. Madrid Harps en segunda posición con 3 vitorias e unha derrota.
  3. Barcelona Gaels con dúas vitorias e dúas derrotas.
  4. A Coruña Fillas de Breogán con unha vitoria e tres derrotas.
  5. Braithreachas A Estrada con catro derrotas.

 

Madrid Harps e Irmandinhas A Estrada finalistas do Ibérico A Coruña 2014. Foto Marga Fraga.

 

Ao igual que en Barcelona, repetíase final feminina no torneo ibérico de Coruña. Madrid Harps, o rival a vencer, volvía presentarse na final con unhas Irmandinhas que xa amosaran que podían gañarlles.

Logo dun partido moi emocionante para todos aqueles xogadores, xogadoras e espectadores que se achegaron ata Acea de Ama, as madrileñas imporíanse novamente por 04 – 10 / 01 – 06 ás estradenses. Un desenlace inxusto para o campionato que estaban a facer as rapazas nesta segunda rolda.

 

Irmandinhos participantes no Ibérico de A Coruña apoiando ao padriño do clube Alex Marque Porto. Foto Marga Fraga.

 

Na clasificación xeral sumaríanse os seguintes puntos:

  1. Madrid Harps – 25 puntos
  2. Irmandinhas a Estrada – 20 puntos
  3. Fillas de Breogán – 16 puntos
  4. Barcelona Gaels – 13 puntos
  5. Braithreachas A Estrada – 11 puntos

 

 

Terceira rolda Ibérica 2014: Madrid

Madrid, 10 de Maio de 2014

 

Soamente quedaban dúas citas, Madrid e Valencia, para coñecer ao mellor equipo feminino de gaélico de Iberia en 2014. Tocaba desprazase á capital de España, onde agardaban unhas temperaturas moi elevadas para un torneo que se disputa dende a mañá ate a tarde. A primeira parte do torneo desenvolveuse na cidade universitaria de Madrid, onde en varios campos se desenvolveu a fase de grupos.

Grupo A

Madrid Harps

Valencia

A Coruña Fillas de Breogán

 

Grupo B

Irmandinhas A Estrada

Barcelona Gaels

Madrid O’Donnells

 

Unha inesperada derrota contra Barcelona (equipo de sobra coñecido polas estradenses) colocábaas segundas de grupo:

 

Complicábase o pase á final, pois atoparíanse co primeiro equipo do grupo A: Madrid Harps.

Por un amplo 05 – 12 / 03 – 04 , as Irmandinhas quedaban fora da final en Madrid, e loitarían polo terceiro posto contra Valencia.

O clima da cidade da Cibeles non acompañaba. O calor, a humidade e a carga de partidos non fixo que as Irmandinhas desistiran, conseguindo gañar por só tres puntos ás valencianas o terceiro posto ( 02 – 01 / 00 – 04 ).

Irmandinhas participantes acompañadas de dúas xogadoras de Mecas F.G. que tamén vestiron a camisola estradense neste torneo.

 

O reparto de puntos quedaba do seguinte xeito logo da penúltima rolda:

  1. Madrid Harps – 25 puntos
  2. Barcelona Gaels – 20 puntos
  3. Irmandinhas A Estrada – 16 puntos
  4. Valencia – 13 puntos
  5. A Coruña Fillas de Breogán – 11 puntos
  6. Madrid O’Donnells – 10  puntos

 

 

Cuarta rolda Ibérica 2014: Valencia

  Valencia, 31 de Maio de 2014

 

Un desafortunado accidente deixaba fóra da competición a gran parte do equipo titular de Irmandinhas, dificultando a composición do equipo. Nesa ocasión, e demostrando as boas relacións existentes entre os equipos galegos, Fillas de Breogán e Irmandinhas compartiron xogadoras para este torneo. Estaremos sempre agradecidos con este xesto das nosas compañeiras, que decidiron solidarizarse logo de coñecer os motivos das baixas estradenses.

Os grupos dividíronse do seguinte xeito:

 

Grupo A

Madrid Harps

Fillas de Breogán

Valencia

 

Grupo B

Irmandinhas A Estrada

Barcelona Gaels

Madrid O’Donnells

 

Os resultados da fase de grupos deixaban ás estradenses en segunda posición na fase de grupos; repetindo enfrontamento en semifinais contra Madrid Harps, sendo claramente derrotadas por 01 – 22 / 00 – 02.

Unha vez máis, e por segunda vez consecutiva, Irmandinhas debería loitar pola terceira posición nunha rolda ibérica.

Nesta ocasión o seu rival sería Barcelona, un equipo contra o que xa saborearan a vitoria pero tamén coñeceran a derrota. En Valencia, e ante as numerosas baixas, Irmandinhas consegue unha meritoria cuarta posición fronte o Barcelona Gaels, caendo por 01 – 03 / 02 – 04.

 

Irmandinhos en Valencia acompañados das Fillas de Breogán que tamén vestiron as cores de A Estrada no torneo.

 

Os puntos acumulados para cada equipo en Valencia serían:

  1. Madrid Harps – 25 puntos
  2. Valencia – 20 puntos
  3. Barcelona Gaels – 16 puntos
  4. Irmandinhas A Estrada – 13 puntos
  5. A Coruña Fillas de Breogán – 11 puntos
  6. Madrid O’Donnells – 10 puntos

 

Facendo balance de todos os puntos acadados nas catro roldas; das viaxes, os madrugóns e os esforzos que tivo que facer cada membro do clube para poder acudir ás datas ibéricas; Irmandinhas consegue a segunda posición en España deixando o nome do gaélico galego no máis alto.

A clasificación final das 4 roldas remataba do seguinte xeito:

Cadro de clasificación final de Iberia realizado pola ECB (European County Board)

 

A primeira vez que as rapazas acoden a todas as citas ibéricas logran unha merecidísima segunda posición logo do esforzo e o traballo.

 

Para más información sobre os resultados en Iberia no ano 2014 podes visitar a páxina da European County Board no seguinte enlace:

http://europegaa.eu/tournaments/season2014/iberia2014/

 

 

 

 

Hits: 1101