Print

~ Irmandinhos a Estrada e a labor social ~

Deporte, cultura, ocio.

Irmandinhos A Estrada nace en Setembro de 2012 co obxectivo de dar visibilidade e practicar un deporte irlandés con máis de 100 anos de historia: o fútbol gaélico.

Un clube deportivo non só asume un rol de promotor e embaixador de saúde no deporte; se non que de xeito automático pasa a ser referente dentro e fora do concello, na difusión de cultura.

Acollemos e aceptamos a nosa responsabilidade na transmisión de valores a cada unha das persoas que conforma Irmandinhos a Estrada, de forma directa ou indirecta. Isto non só implica aos veciños da vila estradense, que dun xeito ou outro colaboran na creación e mantemento da entidade; se non que tamén inclúe a todos aqueles e aquelas que toman parte de cada un dos nosos eventos: colaboradores, patrocinadores ou seguidores entre outros.

É por iso que nacen as iniciativas de carácter social das que tan orgullosos nos sentimos; e que forman parte activa dentro da historia do clube, contando con un lugar privilexiado na programación.

Dende os inicios da nosa andaina como equipo (xa hai máis de catro anos), colaboramos en numerosas iniciativas en prol da defensa da cultura galega; ao igual que apoiamos varias campañas e entidades que se encargan de dar visibilidade a proxectos de acción social.


 

 I Xornada Benéfica, 29 Decembro de 2012

II Xornada Benéfica, 21 de Decembro de 2013

III Xornada Benéfica, 27 de Decembro de 2014

IV Xornada Benéfica, 26 de Decembro de 2015

V Xornada Benéfica, 24 de Decembro de 2016

 

I Memorial Gema Calvo, 22 de Agosto de 2015

II Memorial Gema Calvo, 3 de Setembro de 2016

 

XXV Edición Premios San Martiño, 24 de Novembro de 2015


 

 

Irmandinhos e o emprego da lingua

A visibilidade da lingua galega e a normalización da mesma forma parte importante dentro do clube. O uso do galego como lingua vehicular na meirande parte das nosas publicacións e nas redes, é o noso sino de identidade fora das nosas fronteiras.

Para nós, lonxe de ser unha obriga, é todo un orgullo poder expresarnos e transmitir a información relacionada co clube na nosa lingua. É por iso que a  Asociación Cultural o Brado concede a  Irmandinhos A Estrada o premio San Martiño polo emprego da lingua Galega.

Un premio á labor comunicativa e de difusión.

Para máis información sobre o premio San Martiño pica na seguinte imaxe:

 

O apoio a outras entidades e asociacións

Todo clube precisa apoio, difusión e traballo para perdurar no tempo; para deixar unha pegada na historia tanto deportiva como cultural dunha comunidade. A sociedade é o motor da mesma.

O tecido social do concello conforma a meirande parte da nosa asociación, nutríndonos de xogadores/as e afeccionados. Isto outórganos uns deberes e uns dereitos polos que debemos responder, xa que somos unha entidade na que a súa ferramenta básica son as persoas.

O noso xeito de colaborar na mellora da sociedade lévase a cabo a través do apoio e colaboración con outras entidades que traballan directamente sobre a mesma.

Dende 2012, cada ano Irmandinhos colabora con Cáritas na recollida de alimentos non perecedoiros para o reparto dos mesmos entre as familias máis necesitadas do concello estradense. Catro edicións da Xornada Benéfica onde se recolleron máis de cinto toneladas de alimentos en total.

Para ver máis sobre as nosas Xornadas Benéficas pica en cada cartaz.

 

 

 

A Asociación Española contra o Cancro é outra das entidades coas que Irmandinhos colabora activamente, e máis profundamente logo do desafortunado falecemento dunha das nosas xogadoras máis carismáticas a causa desta enfermidade.

Dende 2015 celebrase o Memorial Gema Calvo, onde dous encontros de fútbol gaélico homenaxean á nosa amiga e compañeira; ademais de recadar fondos para esta asociación.

Bótalle un ollo ás edicións do Memorial Gema Calvo a prol da AECC picando en cada cartaz.

 

 

Embaixadores da Rapa das Bestas. Embaixadores de Cultura e historia

O acordo de colaboración entre Irmandinhos a Estrada e a Asociación Rapa das Bestas nomea como Embaixadores desta festa tradicional ao clube estradense.

Un acordo sen precedentes que une cultura, ocio e deporte do noso concello; cuxo principal obxectivo é a difusión retroactiva entre ambas entidades fora e dentro das nosas fronteiras.

Para saber máis sobre o acordo, pica na seguinte imaxe.

Hits: 799