O pasado 3 de outubro deuse lugar na Baiuca (A Estrada), o Derbi estradense feminino; este ano soamente nesa categoría xa que na masculina os conxuntos se atopan en diferentes divisións.
Ás 20 horas comezaba a liga para as Braithreachas e facíano enfrontándose ao outro equipo da casa, as Irmandinhas, que viñan de gañar a pasada fin de semana ás Mecas OGrobe.
Xa dende a primeira parte do encontro se notou o bo ambiente na Baiuca, ademais do compañeirismo entre as xogadoras que estan acostumadas a adestrar en conxunto. Por este motivo, cada un dos equipos sabía como traballar sobre as fortalezas do outro, dando lugar a un partido complicado para ambos.
O encontro non foi determinado polo tiro a porta, se non pola efectividade a paus das Irmandinhas que foron sumando punto a punto para poñerse por enriba no marcador durante a maior parte do partido. O xogo limpo e a gran calidade en defensa de incorporacións como África, xunto coa solidez de Sofía fixeron da portería de Braithreachas un muro para as vixentes campeonas de Liga.
O resultado final foi de 01 - 03 (6) / 03 - 18 (27) favorable a Irmandinhas, que consegue outra victoria para manter a loita polo título.
Moi boa a actuación no seu primeiro partido do equipo de Brito, cuxo obxectivo é seguir mellorando e traballando para situarse nos primeiros postos da clasificación.
Mágoa a lesión de Rita na segunda parte do encontro, que estará de baixa un par de semanas por mor dunha torcedura no seu xeonllo. Esperamos que se recupere pronto para voltar axudar ao seu equipo en defensa.
Nova victoria sufrida dos Braithreachas A Estrada contra o Keltoi Vigo nas instalacións deportivas de Samil.
Os estradenses adestrados por Pere, impuxéronse aos locais por 01-08 (11) / 03-04 (13) onde os goles e a gran actuación de Lucas en portería fixeron que a victoria volvera con eles para A Estrada.
O centro do campo foi a zona escollida polos vigueses para ocasionar perigo, con Malaguita como protagonista nos balóns aéreos; pero unha vez iniciado o ataque atopabanse coa defensa de Braithreachas que con veteranía e a gran labor en portería, foron quen de salvar o resultado.
O partido desenvolveuse entre o tiro a paus dos locais e o acerto a porta dos xogadores de Pere, que vían a necesidade de buscar os tres puntos vendo como o Keltoi sumaba un a un igualando o encontro.
A falta de trocos tamen foi un factor determinante, tanto Keltoi como Braithreachas chegaron ao partido con baixas que os obrigaron a ter soamente un e dous cambios respectivamente.
A recta final do encontro non foi mais que un resumo da emoción que se viveu no resto do partido. Os estradenses que se atopaban por enriba no marcador, viron como o partido se lles complicaba ainda mais cando a escasos minutos do final a diferencia era moi pouca, e os de Keltoi estaban a chegar moito a porta.
Finalmente, o encontro arbitrado por Anxo (Mecos F.G) mantén as posibilidades de ascenso para o Braithreachas, que suma unha nova victoria.
A proxima fin de semana, as Braithreachas recibiran ás Fillas de Breogán; as Irmandinhas desputarán o seu terceiro encontro fronte as Ártabras e os equipos masculinos non teñen encontros programados para esa data.