Print

| Liga Galega 2017 / 2018 |

Comezo da Liga Galega para os Irmandinhos A Estrada

 

Unha tempada con novidades: a profunda reestruturación interna do clube con un cambio de directiva, así como a reformulación da Liga Galega logo da incorporación da nosa disciplina na Federación Galega de Fútbol (Futgal).

O deporte rei en Irlanda, federado en Galicia

Pouco a pouco, o fútbol gaélico está a facerse un oco entre os deportes máis valorados na nosa comunidade e fora das nosas fronteiras. Logo dos éxitos acadados polos equipos galegos en competicións internacionais, así como os resultados obtidos pola Selección Galega nas súas dúas participacións mundiais; a Federación Galega de Fútbol oferta a posibilidade de recoller esta disciplina dentro dos seus dominios, dándolle visibilidade na nosa rexión.

Desaparición da Segunda División masculina

Un dos principais trocos do formato de Liga Galega masculina ten que ver coa desaparición de Segunda División como tal. A totalidade dos equipos mediranse entre eles durante unha primeira volta, despois da cal a táboa se dividirá en dous grandes grupos que decidirán o campión de cada división.

Pola súa banda, a competición feminina contará con un formato de ida e volta.

Os Irmandinhos afrontan a súa quinta temporada como participante da Liga Galega

As escuadras que presenta o clube para tempada 2017 / 2018 son as seguintes:

Equipo Categoría Participacións en Liga Galega

Irmandinhos A Estrada F.G.

(Fundado en 2012)

Irmandinhos A Estrada

Masculina 2013, 2013-20142014 - 2015, 2015 - 2016 , 2016 - 2017

Irmandinhas A Estrada

Feminina 2013 - 2014, 2014 - 2015, 2015 - 2016, 2016 - 2017

Braithreachas A Estrada

Masculina 20132013 - 2014, 2014 - 2015,  2015 - 20162016 - 2017

 

Calendario de encontros, resultados e clasificación xeral da Liga Galega

Para coñecer o calendario, resultados e a clasificación xeral da Liga Galega, pica nos seguintes enlaces para acceder a cada categoría:

Liga Galega Masculina 2017 / 2018     Liga Galega Feminina 2017 / 2018

 

 

Queremos agradecer un ano máis a todas as entidades colaboradoras, patrocinadores e socios do clube por amosar o seu apoio neste novo inicio de tempada, onde seguiremos participando en competicións a nivel rexional, estatal e Europeo; representando o deporte e cultura Estradense fora das nosas fronteiras.

Hits: 677