Print

~ Xornada VI Irmandinhas Vs Keltoi Vigo ~

Tempada 2016 - 2017

As Irmandinhas suman unha nova vitoria fronte ao Keltoi Vigo

Imaxe dos equipos logo do encontro

Pasadas as 16.30 horas do sábado 7 de Xaneiro, as estradenses reciben ás viguesas (partido aprazado correspondente á Xornada VI ) no Manuel Regueiro. Os primeiros intres foron de dominio visitante, que grazas a un gol temperá, poñía en apuros ás Irmandinhas nun partido clave para seguir optando ás primeiras posicións. A defensa local vía como as visitantes se achegaban con perigo ata a meta defendida por Ara, realizando varios tiros a paus que as mantiñan por enriba no marcador. Pouco a pouco, as estradenses foron meténdose no partido, logo de varias saídas de Eva co balón controlado dende a defensa para anotar; así como un gol de Candela que volvía metelas na loita polos puntos.

As de Brito (que exercía como adestrador esa tarde) chegaban ao descanso por enriba no marcador, logo de dous goles nos derradeiros intres do primeiro tempo. Xa na segunda metade, as Keltoi apertaron o marcador rompendo as liñas e aproveitando as faltas preto da área para anotar a tanto; pero as Irmandinhas xestionaron ben a vantaxe adquirida no primeiro tempo para rematar gañando por 06 - 08 (26) / 02 - 11 (17).

As estradenses suman así catro puntos na clasificación xeral, á espera de varios partidos aprazados. 

Hits: 3185