Print

~ Xornada II: Irmandinhos A Estrada Vs Pontevedra F.G.~

Tempada 2016 - 2017 Liga Galega de Fútbol Gaélico

A xornada II da Liga Galega de Fútbol Gaélico disputaba un dos seus encontros adiados o pasado día 10 de Decembro. Medía aos Irmandinhos e ao Pontevedra F.G. en A Estrada ás 17 horas.

O partido comezaba frío para os locais, que verían como o Pontevedra entraría con máis ritmo nos primeiros minutos. O xogo visitante tiña dous referentes en ataque: Cervi e Jose María comandaban as internadas na área de Mancu con saídas rápidas do balón dende a defensa. Pola súa banda, os de Jerry aproveitaban os roubos de balón para anotar os primeiros puntos do encontro. Co paso dos minutos, os estradenses aumentaron a presión entre as liñas e comezaron a amosar o seu xogo de combinación rápida, que permitía chegar ao descanso con un claro 20 – 2 para os Irmandinhos.

Na segunda metade o dominio local continuaba, mentes que os do Lérez tentaban facer dano coa súa saída de balón. A gran defensa estradense de homes coma Yupe e Félix encargábase de que os intentos pontevedreses quedaran niso, en ocasións.

A intensidade diminuiría nos intres finais, onde Chovi aparecería para bater a portería de Zalito, logos dos goles de Jerry, Javi,  Rey e Pablo Durán. Unha contundente vitoria por 06 – 18 / 00 – 05 deixaba ao Irmandinhos líder da primeira división.

Os estradenses seguen invictos nesta tempada á espera do seguinte encontro contra os Ártabros de Oleiros, recen ascendidos. 

Hits: 4747