~ III Xornada Benéfica ~
27 Decembro de 2014
Cartaz do evento creado por Ariadna Silva.
Nesta terceira edición, non quixemos perder a oportunidade como clube de tornar a colaborar cos nosos veciños, eses que nos fan medrar como entidade deportiva e que nutren e conforman a nosa masa social; sobre todo con aqueles para os que as cousas non están a ser sinxelas nas datas de Nadal.
Unha vez máis, disputáronse dous encontros (un por categoría) con equipos mesturados de xogadores/as do noso clube con deportistas da localidade. Agasallos cedidos polos xa habituais colaboradores así como polos patrocinadores de Irmandinhos a Estrada; facían dos sorteos unha das moitas atraccións da tarde de gaélico solidario en Figueroa. As premisas para acceder ao recinto seguían as liñas dos anteriores eventos: por cada kilo de alimentos aportado, outorgaríase unha rifa para os sorteos.
Ademais, tiveron lugar competicións de habilidade na que participaron tanto rapaces como rapazas do noso clube.
Na imaxe Paula executa unha das probas de habilidade.
Todo o recadado foi destinado á sede coa que conta Cáritas en A Estrada, dende onde se administraron os recursos entre as familias máis necesitadas do concello. Unha vez máis, os veciños deron boa conta da súa xenerosidade chegando a recollerse unha cifra maior á de anos anteriores: máis de tres toneladas de alimentos.