Print

Álex Marque: “Hai poucas etapas tan duras como unha Serra da Estrela na Volta a Portugal”

 

Nome: Alejandro

Idade: 17+17

Nacido en: Pernaviva

Vivindo actualmente: A Estrada

 

¿A que anos te subiches a unha bicicleta para competir?

Chegou tarde,con dezasete ou dezaoito anos. Ata alí aduben moitísimo nela, pero gozando,dun xeito máis tranquilo. Coma todos os pequenos se deberían iniciar no deporte,sen fins competitivos.

 

¿En que clube estás agora mesmo?¿Algún segredo que nos poidas contar e que o diferencie do resto de equipos nos que estiveches?

La-Antarte,estou moi a gusto,o bo dos equipos de Portugal é que son planteis con unha ducia de atletas polo que o ambiente é mais familiar.

 

¿Como é a túa bicicleta?cambia moito en relación ca de anos anteriores? Danos algúns datos.

Pois a verdade é que mudaron moito. Este ano levamos a marca Scott. A miña anda sobre os 6,9kg; para que vos fagades unha idea a metade do que pesaría na que me iniciei.

O cadro é fibra de carbono,antigamente ferro; o cambio agora vai nas manetas do freo sendo electrónico cando antes ía no cadro.

 

Nos momentos de adestramento mais intensos, ¿Cantas horas se inverten á semana?

Depende da altura do ano e dos obxectivos. Unha semana de carga podemos facer seis horas de bicicleta, dobrando xornada con ximnasio en algunha ocasión.

 

¿A competición mais dura na que competiches?

Cada competición é diferente. Sempre acostumo a dicir que a bala non é a que mata,se non a velocidade a que vaia. Hai etapas moi duras pero dependen do atacada que sexa; aínda que me atrevería a dicir que hai poucas etapas tan duras como unha Serra da Estrela na Volta a Portugal.

 

Sabemos que a túa especialidade é a de “rodador”, pero nos últimos anos os teus resultados na montaña melloraron moito. Como se consegue esa evolución? E por outra banda, inflúe negativamente no teu rendemento nas contra - reloxo individuais?

Foi algo que fun pulindo pouco a pouco. Antes da Volta a Portugal busco irme a adestrar a montañas de unha hora de subida para mellorar ese aspecto,xa que pola nosa zona temos subidas que non superan os dez - doce quilómetros.

Despois axuda moito o tema do peso pero coma me preguntastes, se baixo moito de peso diminúe o rendemento na crono, polo que hai que buscar un equilibrio.

 

Un deporte moi sacrificado e duro, ¿cal é a sensación que te fai volver a subir nunha bicicleta unha e outra vez?

Supoño que porque é algo que me gusta,que elixín eu.

Síntome privilexiado por iso.

 

Con tantos quilómetros nas pernas verías moitos sitios, que lugar nos recomendarías visitar?

Estiven en moitos sitios pero a xornada dun ciclista da para ver pouca cousa. En carreira so vas pendente das traxectorias,tácticas...chegas ao hotel,masaxe,cea e para a cama polo que non hai moito tempo.

Gustoume moito a Tour de San Luis en Arxentina. Aínda nos deu para estar un par de días en Bos Aires ata coller o voo; e a Volta a Inglaterra porque percorremos case todas as cidades. A que menos quizais foi Tour de Quinhay Lake. Iso de vivir no medio da polución non vai comigo, e tamén polo tema gastronómico.

 

Que é mais duro, subir "A Torre" en Portugal ou pasar semanas sen poder ver a familia por culpa das concentracións?

Son durezas diferentes,pero cústame máis estar lonxe dos meus; pero son eles os que me empurran para subir Torre o máis rápido posíbel.

Álex Marque campión da Volta a Portugal 2013.

 

Cando practicamos algún deporte sempre temos a alguén como referente, ¿cal é o teu?

Quizais me fixei nos máis próximos e que me ensinaron este mundo coma son David Blanco e Ezequiel Mosquera cos que gardo unha grande amizade. De pequeno era máis do Chava e Pantani coma escaladores,coma corredor completo Ullrich impresionábame.

 

Tratamos de fomentar o deporte entre os mais cativos, ¿que lle dicimos para que suban a unha bici?

Que o fagan. Como modo de diversión,que non se poñan metas so gozar do que se está facendo. Moitas veces os pais queren ter na casa un Messi ou un Indurain e iso é un erro moi grave,deixémolos que elixan o seu deporte.

 

A magoa de que non teñamos un equipo galego a pesar de contar con xente coma ti, G.Veloso, Delio; a que crees que se debe? Porque cada vez vese mais xente practicando ciclismo.

Ogallá algún día teñamos equipo galego,non por Veloso,Delio ou eu; se non polos que veñen por detrás que se ven  na obriga de desistir da súa carreira con 23-24 anos...

 

Padriño de Irmandinhos a Estrada, para nós un orgullo, seguímoste moi de cerca, e sempre estaremos aí para apoiarte, ¿Cal é a seguinte cita no calendario?

Orgulloso estou eu de todos vos,xa me gustaría poder seguirvos máis de preto. Lémbrome cando comezastes de cero e ver que agora sodes un referente, tedes que estar moi orgullosos!

Pois esta fin de semana teño o GP do Dão e xa me quedo en Portugal dado que mércores comeza o GP Jornal Noticias. Volto para casa un par de días e xa vou de concentración a altitude todo o mes de xuño para preparar a Volta a Portugal da mellor maneira posíbel.

 

Aproveitamos a entrevista para desexarche unha tempada chea de éxitos, e recordarche que tes o compromiso de vir adestrar un día con nós, así que xa sabes onde te agardamos.

Moitas grazas! Uf xa sabedes que en ese campo son moi malo,pero achegareime,moita sorte Irmandinhos e Irmandinhas!!

 

Hits: 2057