Print

~ Ibérico A Coruña 2016 ~

 

O pasado día 12 de Marzo tivo lugar en Acea de Ama, Culleredo ( A Coruña ) a primeira rolda do campionato Ibérico de fútbol gaélico.

Dezasete equipos, dez masculinos e sete femininos déronse cita en A Coruña para conseguir acadar as primeiras posicións de cara á rolda de A Estrada, ambas clasificatorias para a final en Madrid o vindeiro 4 de xuño.

Irmandinhos A Estrada como clube presentou os seus catro equipos, dous en cada categoría. A ausencia de moitos dos xogadores/as habituais obrigaba a rotar a varios deles entre os equipos, facendo os planteis máis pequenos pero reforzados.

Acea de Ama viviría unha final con dous gañadores masculinos, unhas Irmandinhas que seguen chegando a finais a un bo nivel e os e as Braithreachas seguen dando exemplo de que o noso clube ten futuro.

A continuación podes ver un breve resumo do paso do noso clube pola primeira rolda clasificatoria do campionato ibérico 2016.

 

 

Braithreachas Masculino

Os Braithreachas recaerían no grupo B da competición, dos tres grupos existentes. As baixas nas filas estradenses obrigarían a dous xogadores a rotan entre os dous equipos masculinos do clube para poder contar con trocos abondo para afrontar os encontros. Mediríanse aos Auriense F.G. e aos anfitrións, os Fillos de Breogán.

Os resultados na fase de grupo serían os seguintes:

Con un partido gañado e outro perdido, pasarían segundos de grupo por diante do Auriense ( cero vitorias ) e por detrás dos Fillos de Breogán ( invictos nesta fase ). Esta posición clasificaríaos para xogar unha rolda rápida onde se coñecería ao cuarto semifinalista ( triangular entre os Braithreachas, Herdeiros de Dhais e os Mecos F.G. )

O Gañador destes encontros mediríase aos Irmandinhos, tamén en semifinais logo de clasificarse primeiros de grupo A.

O desenlace dos encontros entre os tres posibles semifinalistas deixaba aos Braithreachas fora da competición, colocándoos nunha sexta posición moi loitada logo destes resultados:

Finalizaba así o paso polo primeiro ibérico para os Braithreachas logo de loitar polo pase a semifinais. Os rapaces estradenses seguen dando que falar co seu movemento do balón e o reparto do xogo nas competicións oficiais.

 

 

Irmandinhos A Estrada

Os Irmandinhos coróanse en A Coruña logo de chegar á gran final invictos, amosando o seu mellor xogo. Os estradenses encadraríanse dentro do Grupo A da fase de grupos, atopándose con Ártabros de Oleiros e Mecos F.G.

Os resultados dos encontros colocarían aos rapaces de Sito en primeira posición, á espera de rival para as semifinais:

O seu contrincante sairía dos encontros entre Mecos, Braithreachas e Herdeiros. Finalmente, os de Lalín proclamaríanse semifinalistas por diante dos de O Grove e os Braithreachas.

Os finalistas de A Coruña decidiríanse entre os tres equipos favoritos e un recen chegado Herdeiros, moi capaz de medirse a grandes equipos e facer un moi bo torneo.

Fillos e Estrela disputarían un encontro con moita tensión, onde os anfitrións se farían coa vitoria por un 02 – 05 / 00 – 04 mentres os Irmandinhos vencían de xeito contundente aos Herdeiros por 04 – 10 / 00 – 03.

Os coruñeses e os estradenses volverían verse as caras nunha final ibérica, no mesmo escenario que o pasado ano 2015 ( Acea de Ama) pero con un resultado diferente, e tanto.

Tanto Fillos como Irmandinhos precisaban os 25 puntos que outorga a primeira posición na clasificación, para chegar con marxe á segunda rolda en A Estrada. Case sen marxe dentro do horario establecido, a final masculina volvía ser o partido máis disputado de todo o torneo, sempre igualado e con oportunidades para ambos conxuntos. Os de Sito probaban o tiro a paus e aproveitaban o roubo de balón no centro do campo para poder danar a portería rival e sumar. Pola súa banda os locais facían internadas na defensa estradense e probaban o tiro entre os tres paus para poder poñerse por enriba no marcador.

Un encontro emocionante ate o derradeiro intre, que remataba de xeito anticipado pola falta de luz no campo. O empate a 01 – 04 / 01 – 04 ate aquel intre obrigaba a sumar os puntos de ambas posicións ( primeiro -> 25 puntos e segundo -> 20 puntos ) e repartilos entre os dous equipos, correspondéndolle así 22,5 puntos a cada un dos finalistas.

 

 

Braithreachas Feminino

As Braithreachas chegarían a Coruña minguadas polas baixas e obrigadas a rotar a dúas xogadoras para poder contar con cambios para os encontros. Malia as condicións, o bo xogo e a mala sorte fixéronse presentes na fase de grupos, onde obtiveron os seguintes resultados encadrados no grupo B:

Con un partido gañado e dous perdidos, as Braithreachas loitarían polo quinto e sexto posto contra o Estrela Vermelha, terceiro clasificado do grupo A.

Un encontro moi igualado; con oportunidades entre os tres paus pero pouco acerto á hora de anotar, deixaba ás estradenses a soamente tres puntos da quinta posición. Caían por 01 – 03 / 01 – 06 contra as de Santiago.

Con numerosas rapazas para as que sería o seu primeiro torneo, levando milleiros de leccións, pódese dicir que foi toda unha vitoria para as de A Estrada. As Braithreachas buscarían mellorar o resultado na segunda rolda para poder clasificarse para o 4 de Xuño en Madrid.

 

 

Irmandinhas A Estrada

As Irmandinhas conseguen novamente chegar a unha final neste 2016 fronte ás Fillas de Breogán. Previamente, na fase de grupos do grupo A mediríanse a Estrela Vermelha F.G. e Ártabras de Oleiros, reforzado con xogadoras de diferentes clubes da liga galega; obtendo os seguintes resultados:

Amplos resultados para clasificarse primeiras de grupo, chegando ás semifinais comodamente contra o Auriense F.G.

As de Ourense pouco poderían facer ante o acerto das de Carlos, que se clasificaban para a final por un contundente 04 – 17 / 00 – 03. Mentres, as súas rivais directas as Fillas de Breogán, desfacíanse das reforzadas Ártabras por 06 – 13 / 00 – 02 sen darlles opción a meterse no partido.

Unha final anticipada, agardada e que tería un desenlace para as Irmandinhas que non se correspondería co nivel de todo o torneo. Unha vez máis neste 2016, a gañadora do torneo estaría entre as coruñesas e as estradenses, que xa se mediran antes en Liga Galega e na I Copa Asociación.

Xa dende os inicios do partido, as Irmandinhas non foron quen de conectar os pases dende o centro ate a meta rival, con pouco acerto a porta. Isto foi aproveitado polas Fillas para aumentar a marxe a base de tiros a paus dende a frontal da área, na liña de 13 metros.

Pouco a pouco os puntos encaixados e a falta de acerto nos tiros minguaba a esperanza das estradenses que caerían por un claro 03 – 14 / 00 – 09 que non reflectía o bo nivel amosado no resto das fases. O reparto de puntos deixaría ás Fillas de Breogán favoritas para a segunda rolda en A Estrada.

 

Finalistas femininas do Ibérico A Coruña 2016

 

Á espera da segunda e definitiva rolda clasificatoria en A Estrada, a clasificación de ambas categorías quedaba do seguinte xeito:

 

Competición Masculina
  CORUÑA ESTRADA TOTAL
1 Irmandinhos  22,5  22,5
1 Fillos de Breogán  22,5  22,5
3 Estrela Vermelha 16 16
4 Herdeiros de Dhais 13 13
5 Mecos 11 11
6 Braithreachas 10 10
7 Pontevedra 9 9
8 Universidade da Coruña 8 8
9 Auriense 7 7
10 Ártabros 6 6

 

 

Competición Feminina
    CORUÑA ESTRADA TOTAL
1 Fillas de Breogán 25   25
2 Irmandinhas 20   20
3 Ártabras 16   16
4 Auriense 13   13
5 Estrela Vermelha 11   11
6 Braithreachas 10   10
7 Herdeiras de Dhais 9   9
8 Mecas 4   4
8 Pontevedra 4   4

 

 

 

Hits: 794